martes, 30 de noviembre de 2010

Preto de 300 mozos preséntanse ó 'Xuventude Crea 2010'

En el correo gallego:http://www.elcorreogallego.es/tendencias/xuventude/ecg/preto-300-mozos-presentanse-xuventude-crea-2010/idEdicion-2010-11-18/idNoticia-613397/

18.11.2010 A Xunta avaliou un total de 186 obras//Unha gala final, que se celebrará o próximo 30 de novembro na Coruña, recoñecerá o labor e o arte da xuventude galega


O certame ‘Xuventude Crea 2010’ recibiu este ano un total de 186 obras que representan o arte dos preto de 300 mozos e mozas galegas que se presentaron este ano ao programa que convoca a Xunta de Galicia.

O Consello da Xunta vén hoxe de informar sobre a convocatoria que no ano 2010 incluíu un total de 11 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias. A iniciativa, para mozos e mozas de entre 16 e 30 anos residentes en Galicia, contou neste exercicio cun total de 280.000 euros.

Unha gala final, que se celebrará o próximo 30 de novembro no Teatro Colón da Coruña, recoñecerá o labor e o arte da mocidade galega. No evento participarán os gañadores de todas as especialidades, que recibirán os seus diplomas. O público poderá asistir a unha escolma das súas creacións.

Ata o de agora, os galardóns que xa se fallaron foron os correspondentes ás modalidades de banda deseñada, música, moda, relato breve, poesía, carteis e videocreación. Mañá 19 de novembro coñeceranse os premiados de teatro e o día 20 os correspondente á opción de graffiti. A última semana de novembro farase a gala das obras de artes plásticas e deseño de xoias.

Os obxectivos fundamentais desta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar é que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural a través do certame e ao mesmo tempo fomentar a creatividade xuvenil, como mostra do talento que amosa a mocidade galega.

De feito, a Estratexia Xuventude 2013 dedica ao fomento da creatividade e do espírito empresarial un dos eixos principais de acción, propoñendo 20 medidas concretas para as propias iniciativas dos mozos e mozas galegos.

Neste sentido é preciso destacar que a previsión da Xunta é aglutinar todas as exposicións e actuacións que se leven a cabo para que sexan o inicio do Circuíto Galego de Creatividade Xuvenil.

Neste obxectivo traballa a Xunta para que en 2013 se desenvolvan máis de 120 accións de difusión dos novos valores do arte galego. Así mesmo, un dos obxectivos que persegue a Xunta é ofertar aos concellos e asociacións xuvenís un programa que facilite un escenario móbil totalmente equipado para a celebración de concertos das bandas locais.

Os premios
Os gañadores de cada unha das especialidades de Xuventude Crea contará cos seguintes premios en metálico: 3.000 euros para os premiados en primeiro lugar; 1.500 para os segundos; e 1.000 para os terceiros.

Ademais, os premiados en teatro e música terán a oportunidade de representar as súas creacións nunha serie de actuacións por diferentes concellos galegos. O gañador participará en dúas actuacións e o segundo e terceiro clasificado nunha.

Pola súa banda, os tres primeiros clasificados en artes plásticas poderán participar en exposicións colectivas nas casas da xuventude e locais de mostras tanto públicos como privados, en Galicia, Castela León e Norte de Portugal.

Ademais, os finalistas dalgunhas modalidades recibirán unha axuda económica para poñer en valor a súa creatividade. Así, en teatro percibirán 650 euros por grupo; en moda 1.000 euros por deseñador e 3.000 euros en formación para os tres primeiros; na categoría de música recibirán 600 euros por grupo e 300 euros por solista e en graffiti 350 euros por participante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario