miércoles, 24 de noviembre de 2010

A obra “In-Comunicando”, de Mequetrefes Teatro, gaña o Xuventude Crea 2010 de teatro

A obra “In-Comunicando”, de Mequetrefes Teatro, gaña o Xuventude Crea 2010 de teatro
Luns, 22 Novembro 2010 16:29
Mequetrefes Teatro, coa súa obra “In-Comunicando”, gañou o primeiro premio do certame Xuventude Crea 2010 da súa especialidade.

O xurado premiou unha peza de corte experimental na que se transgrede a unidade clásica, intentando provocar a turbación do espectador a través dun acto incomunicativo. A peza componse de diversas historias e personaxes que se vinculan polo ‘leiv motiv’ da incomunicación.




O segundo premio recaeu en “Xogando Shakespeare”, de Non Si? Teatro. Nesta representación os actores xogan con obras escollidas do literato inglés como “O soño dunha noite de verán”, “Romeo e Xulieta”, “Macbeth” ou “Hamlet”.

O terceiro premio foi compartido, mostra do elevado nivel das candidaturas presentadas ao concurso. Recaeu na obra “Matilde”, da Asociación Cultural Bicodobrelo, e en “The Faluas’s Rocky Horror Show”, de Teatro da Falúa. A primeira é unha adaptación de “Pedro y el capitán”, de Mario Benedetti, cun diálogo imposible entre un torturador e unha suposta presa política. A segunda recolle o periplo dunha parella de mozos que se promete en matrimonio na voda duns amigos e que, tras sufrir unha avaría na viaxe que emprenden xusto despois, acaban nunha celebración estraña na solitaria e sinistra mansión na que foron solicitar axuda.

O xurado da categoría de teatro do Xuventude Crea 2010 estivo presidido por Yolanda Otero, con Mela Casal, Xavier Picallo e David Lendoiro como vogais, e Ángela Fernández como secretaria




de:


http://xuventude.xunta.es/a-obra-in-comunicando-de-mequetrefes-teatro-gana-o-xuventude-crea-2010-de-teatro.html

4 comentarios:

  1. http://www.rivashoy.es/viewtopic.php?p=17817

    ResponderEliminar
  2. http://www.estedemadrid.com/noticia_ampliada.asp?id=20768

    ResponderEliminar
  3. http://xuventude.xunta.es/2010.html

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar