miércoles, 30 de mayo de 2012

GRAZAS

Queridos Mequetrefes, hoxe por fin dimos a luz, no Salón Teatro, ó noso cuarto fillo "Folie á trois. Paranoia compartida".

Todo un pracer, coma sempre, ver como ese meniño abre os ollos perante un público tan predisposto ó feito teatral como o de Santiago. Non hai mellor xeito de que esa criatura comece a respirar e a coller confianza na súa andaina. E por iso queremos dar as grazas a todos vós polo crecente interese que amosades e polo voso apoio.Seguiremos traballando todo o que sexa posible, agardando que este non teña que ser o noso último fillo (un fillo, que en todo caso promete medrar e coñecer mundo).

 Agradecer infinitamente a xenerosidade de Cristina López Astorgano (a nosa artista, diseñadora de carteis)polo seu compromiso co grupo desde os seus inicios.

 A David Correa por ter posto son a este, o noso cuarto fillo, de xeito tan brillante.

A Denis Iglesia por prestarnos a súa mellor voz off.

Á Facultade de Ciencias da Comunicación por cedernos un espazo para poder enxendrar esta paranoia.

A todos e cada un dos espectadores que nos teñen visto, e máis aínd,a que nos teñen dito cousas tan constructivas como bonitas A todos vós, por valorar a filosofía de esta compañía mequetréfica GRAZAS

sábado, 26 de mayo de 2012

Xa queda menos para o Folie á trois- MÉRCORES 30 ÁS 21:OO NO SALÓN TEATRO

MEQUETREFES PRESENTA A SÚA NOVA OBRA: FOLIE Á TROIS. PARANOIA COMPARTIDA MÉRCORES 30 DE MAIO SALÓN TEATRO ÁS 21.00 QUEREMOS AGRADECER A COLABORACIÓN DE: CRISTINA LÓPEZ, DAVID CORREA, DENIS IGLESIAS, ASOUL E Á FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

lunes, 21 de mayo de 2012

FOLIE À TROIS. PARANOIA COMPARTIDA

O próximo 30 de Maio no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, emparanóite con nós.

jueves, 17 de mayo de 2012

ÚLTIMA PLANTACIÓN

Hoxe 18 de maio de 2012, ás 21:00 horas, no Auditorio Concello de Vilagarcía de Arousa peche da xira de Mequetrefes ca súa obra "De cando meus pais me plantaron nunha maceta". Unha obra de creación colectiva que ten pasado polos escearios de Ourense,Santiago, Allariz, A Estrada, Betanzos, Antas de Ulla...
E ti, ¿queres plantarte connosco?