sábado, 2 de junio de 2012

Folie á Trois premiada

PREMIOS DA XIII MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

 A nosa nova obra, "Folieá trois. Paranoia compartida" ven de acadar o premio, na XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia,ó Mellor Espectáculo,como xa fora no seu día premiada a obra "In-comunicando.Exercicio que desencadea a turbación" e "Só vostede máis eu".

 Ademáis, esta compañía fixose co premio á Mellor Dirección recoñecendo o labor da tríada Lucía Abarrategui-Patricia Coucheiro-Estevo Azañón. Entre as catorce montaxes teatrais presentadas na Mostra –quedando fóra de concurso a montaxe da Aula de Teatro da Universidade de Santiago- tamén foron premiadas:


 PREMIO AO MELLOR ESPAZO E ILUMINACIÓN

 Afonso Castro e Iván Casal por “Nosa Señora das Nubes”, da Aula de Teatro da Universidade da Coruña

 Fernando Dacosta, José Manuel Bayón e Rubén Dobaño, por “Un novo mundo feliz”, da Aula de Teatro Universitaria de Ourense

 PREMIO AO MELLOR VESTIARIO

 Verónica M. Granda, Antía Ínsua, Tania Martínez e Noelia Nogueiras, por “Turandot” de Enlata Teatro 

Aula de Teatro da Universidade da Coruña, por “Nosa Señora das Nubes”

 PREMIO AO MELLOR ACTOR

 Ramón Ínsua, por “Baixarse ao moro” de Pinchacarneiro

 Pablo Fontenla, por “Falúa´s Flying Circus” de Teatro da Falúa

 Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial a Miguel Torres por “Tik e Tak, unha historia de amor reloxil” de TikTak Teatro

 PREMIO Á MELLOR ACTRIZ

 Natalia Ibáñez, por “Baixarse ao moro” de Pinchacarneiro 

Bea Méndez, por “Pim Pam Clown” de NNC PREMIO

 Á MELLOR DIRECCIÓN

 Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui por “Folie à trois: paranoia compartida” de Mequetrefes

Alberte Antelo, por “Baixarse ao moro” de Pinchacarneiro

 

PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO

  “Folie à trois: paranoia compartida” de Mequetrefes

 “Falúa´s Flying Circus”, de Teatro da Falúa

Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial ao espectáculo “Pim Pam Clown” de NNC

No hay comentarios:

Publicar un comentario