miércoles, 30 de mayo de 2012

GRAZAS

Queridos Mequetrefes, hoxe por fin dimos a luz, no Salón Teatro, ó noso cuarto fillo "Folie á trois. Paranoia compartida".

Todo un pracer, coma sempre, ver como ese meniño abre os ollos perante un público tan predisposto ó feito teatral como o de Santiago. Non hai mellor xeito de que esa criatura comece a respirar e a coller confianza na súa andaina. E por iso queremos dar as grazas a todos vós polo crecente interese que amosades e polo voso apoio.Seguiremos traballando todo o que sexa posible, agardando que este non teña que ser o noso último fillo (un fillo, que en todo caso promete medrar e coñecer mundo).

 Agradecer infinitamente a xenerosidade de Cristina López Astorgano (a nosa artista, diseñadora de carteis)polo seu compromiso co grupo desde os seus inicios.

 A David Correa por ter posto son a este, o noso cuarto fillo, de xeito tan brillante.

A Denis Iglesia por prestarnos a súa mellor voz off.

Á Facultade de Ciencias da Comunicación por cedernos un espazo para poder enxendrar esta paranoia.

A todos e cada un dos espectadores que nos teñen visto, e máis aínd,a que nos teñen dito cousas tan constructivas como bonitas A todos vós, por valorar a filosofía de esta compañía mequetréfica GRAZAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario