jueves, 10 de junio de 2010

RECOÑECEMENTO A IN_COMUNICANDO NO XI ENCONTRO TEATRO UNIVERSITARIO USC



Mequetrefes teatro ven de recibir o recoñecemento á mellor labor de dirección, ao mellor espectáculo e á mellor interpretaciñon feminina (Patricia Coucheiro) na entrega de premios realizada o luns 7 de xuño no marco do XI Encontro de Teatro Universitario galego promovido pola USC.

Outros premiados foron: Chekov en xogo, do grupo Enlata, que recibiu o recoñecemento ao mellor espazo escénico; ou Falúa Teatro e NNC, ambos galardoados co premio ao mellor vestiario, entre outros.

Queremos agradecer a todos aqueles que fixestes posible que o domingo se estreara con gran éxito e afluencia de público a nosa nova proposta teatral: In_comunicando (exercicio que desencadea a turbación). Moi especialmente, dar as grazas a Belén e Armando, pola súa laboura técnica. A Cris polo seu traballo gráfico na identidade de Mequetrefes. A Xavier Lama, por prestarnos a súa voz para a producción e a unha costureira brigantina que deseñou as mellores telaxes para Calandraco, Calapitrinche e Chisgaravís. Tamén a ti por darnos a oportunidade de amosarche o noso traballo.

Iremos avisando progresivamente das novas actuación do grupo.