jueves, 17 de junio de 2010

CRITICA SOBRE IN-COMUNICANDO. Mandanos a túa opinión

extraída do blog www.xiz-toria.blogspot.com


Meténdome onde non me chama ninghen...
Onte á noite tiven a honra e a sorte de presenciar a estrea da obra teatral "In-comunicando"(...)

Foi toda unha experiencia que recomendo non perderse en próximas actuacións se tedes oportunidade. Como non son experto nestas lides só podo dicir o que me pareceu dende a ignorancia pero a confianza faime ousado.

Gústoume moito a posta en escea: representar a incomunicación que aqueixa á nosa sociedade con ocos tubos metálicos entrelazados, labirintos onde a voz fácilmente se perde semella unha boa forma, e efectiva, de suxerir o tema central.

In-comunicando é unha proposta pensada coma puzzle-fogonazos que che fan por momentos pechar os ollos. Cando os volves a abrir costa situarse de novo. Por iso é unha obra con eco que se vai asimilando conforme pasan a horas e vai pousando o revoltixo que de entrada chega a crear na cabeza e, máis aínda, nas emocións.

A interpretación dos actores foi, para min, magnífica. O Estevo cunha cantidade de rexistros increible: dende a avóa (Lituana II) catatónica e obsesiva, ao actor falador e distendido co seu auditorio pasando polas turbadoras instruccións para cargarse a unha nai ( con variacións psicolóxicas e físicas).


Patricia fai gala dunha forza e unha enerxía admirable e contaxiosa (como Lituana I, ou o número que sexa, está soberbia). Coa variña da antena dalgún wolkswagen resulta moi convincente. Contacta co público e o seu texto semella estar cheo de guiños (a xulgar por algunhas reaccións).


Lucía tamén ten unha actuación memorable. Para min resulta moi destacada no primeiro cadro e nos textos inicial e final do exercicio que xenera turbación (e ben que a provoca, especialmente nos monólogos de Estevo e Lucía).Todo sen contar coa sua acreditada capacidade para os dialogos incomunicantes en alemán castizo ( de Baden Baden ou Coirós Coirós non sabería dicir) ou como boneca hiper mega novísima.

Ah, claro, o tema. Incomunicados por empregar códigos diversos; incomunicados por aceptar únicamente que comunicamos nos pero non aceptar a comunicación dos outros; incomunicados cando "comunicamos" para enganar, para ferir, para humildar; incomunicados cando consciente ou inconscientemente introducimos distorsións e ruidos na nosa mensaxe; incomunicados cando non sabemos recoñecer ao emisor; incomunicados cando perdemos a dimensión humana do acto comunicativo.

¡Vale de rollo! que non me pagan por facerlles propaganda. ¡Se tedes ocasión non vola perdades!¡paga a pena!