viernes, 30 de abril de 2010

SÓ VOSTEDE E MÁIS EU


SÓ VOSTEDE E MAIS EU

Hoxe teñen sorte. A exposición está aberta, e na miña historia xa está escrito o fin.

Un museo no que aínda se poden albiscar os retallos dunha vida. Eses recordos que están demasiado vivos como para deixalos morrer, a pesares de que ti xa non existas neles.

E vostede, ¿que cadros colgaría na súa pequena exposición? Pense. ¿Cales son as pinceladas máis importantes que debuxou no seu longo camiñar? É complexo, ¿verdade? Demasiado complexo.




Moitas veces, estar preto do sol fainos dano. Precisamos pór unhas lentes que nos separen o suficiente da imaxe como para que non nos doa. A Ela tamén lle pasou. Tamén lle fixo faia perder um fillo para darse conta de que o tiña. Para darse conta de que, no seu gran museo, el ocupaba a exposición central.Mais agora sei, que por moito que loite por berralo, a Terra non me escoitará.Ninguén o saberá.Só vostede e máis eu.


"Só vostede e máis eu" é unha adaptación de "Tus deseos en Fragmentos" de Ramón Griffero e son moitos dos fragmentos do dramaturgo chileno os que aparecen nesta obra, pero nun ton e perspectiva diferentes. Atopámonos pois ante escenas moi distintas que chegan a rozar o absurdo, o que o ser humano non é capaz de comprender. Son vostedes os testigos da viaxe ó interior da conciencia de Ela, a introspección onde o seu fillo estará sempre presente.¡Prendan as luces! ¡Pechen as portas! ¡Comeza a exposición!


AGRADECEMENTOS: violinista Zaida García- diseñadora gráfica Cristina L. Astorgano- fotógrafo David Correa e a nosa maquilladora Tamara

Estreno Xoves 28 de maio as 19:30
Teatro Principal
Rúa Nova, 21 15750
Santiago de Compostela
Tfno contacto: 669801552

No hay comentarios:

Publicar un comentario