sábado, 24 de noviembre de 2012

Deica logo, familia


Xa fai un tempo que concibimos esta obra. O proceso non foi moi distinto que con "In-comunicando. Exercicio que desencadea a turbación" pero se esta supuxo un pasiño cara a creación colectiva, "De cando meus pais me plantaron nunha maceta" converteuse nunha obra que non só ía ser dirixida e interpretada por nós senón que tamén tocaba escribir a totalidade da obra, o texto.

Foi unha tarefa ardua, partíamos da idea xermolo que era a imaxe da plantación e pouco a pouco, naceron eles: Nai, pai e filla. E Berni, claro. Entón todo colleu cor, e tornou nunha estrutura clásica, e acolleu unha crítica á deshumanización. E empezamos a sumar, e chegamos a un resultado do que estamos orgullosos. Para nós crear é o punto máis importante no noso traballo, é unha ilusión constante e cando acadas o que queres, cando chegas á fase final hai que defender algo no que levas gastado tanto tempo, tanta ilusión.

Chegou o día,  o Salón teatro cheo. A xente respondeu, a xente captou a mensaxe da obra, na súa estrutura profunda. Pero tamén os que se quedaron na superficie, puidérona gozar.

E voltar ó Xuventude Crea e facernos co segundo Premio de Teatro, e ser seleccionados no Festeaf de Madrid de entre 96 compañías e empezar a recoller o sementado. Poder representar e disfrutar desta obra en moitos escenarios (Teatro Principal de Ourense, Salón Teatro de Compostela en dúas ocasións, Auditorio de Vilgarcía, Allariz, Betanzos, Madrid...) e amosar o noso traballo á xente, iso non ten prezo.


E hoxe, 24 de novembro siléncianse as voces deles, dos deshumanizados que queren entroncar ca natureza. De Pai, Nai e Filla. E de Bernardito, claro. Chega a fin da xira con esta montaxe que é tan nosa e que sae tan de dentro. Nunca digas nunca, ata aquí chegou todo o que deu de sí esta nosa montaxe. Agradecemos a todos os que puideron e quixeron perder 75 minutos para nos ver.

 Agora toca traballar na nova, "Folie a Tróis: paranoia compartida" e concederlle a atención que merece e o que poida xurdir. Agora toca atopar algo co que ilusionarse de novo.



Deica logo, familia ou como di o outro, Sayonara baby.







Grazas a todos aqueles que nos teñades axudado e apoiado cas vosas críticas e os vosos aplausos.



MEQUETREFES

http://www.youtube.com/watch?v=i4xBcy7vK18

No hay comentarios:

Publicar un comentario